off
Economía, Política — 1 Outubro, 2012 at 8:45 a.m.

O patriotismo constitucional do PP após orzamentos

by

Veñen de manifestarse en contra das contas públicas elaboradas polo seu  xefe de partido, Mariano Rajoy…

 

  • Bauzá (Baleares): “Absolutamente inxustos”…

 

  • Rudi (Aragón): “Non eran o que agardabamos”…

 

  • Fabra (Comunitat Valenciana): “Quero máis”…

 

  •  Feijoó (Eleccións) como sabe que  estes orzamentos obrigan a pedir o resgate….ficou ben caladiño, como as “maiorías silenciosas”, esas que non se meten en política mentras medra o deserto. Até o luns…”estes orzamentos non lle gostan nen a quen os fixo”.   Feijoó sabe ben que non lle convén pronunciarse a carón de Rajoy, nin todo o contrario,  interésalle a indiferencia cara a política e o isolamento do tecido social que o vota agás o día das eleccións. Non lle convén debullar os orzamentos do Estado para Galiza, non vaia ser que cidadanía faga números e lle saian 400 millóns menos,  que o recorte en política social ascenda a 14,4%,  as prestacións por desemprego  6,5% menos,  educación -17%,  sanidade -13%…E as pensións( Galiza conta coas prestacións máis baixas do Estado), agardando a coitelada final após as eleccións. Ainda así, a Xunta tentou maquillar coma sempre ao goberno “amigo”, destacando o  “esforzo” do executivo de Rajoy, mália  reducirse o investimento en – 23,27% (2013-2012). O “realismo e a responsabilidade” segundo Feijoó redúcese a  habitar unha contradición permanente, ao cabo, engadiu: os orzamentos do Estado   “non minten nos ingresos e defróntanse ao principais problemas do país “. De qué país?

Malditos separatistas centrífugos!!

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off