off
Poesía — 30 Setembro, 2012 at 08:42

Aires d’o Mar

por

Publicado no decenario “La Antorcha”, Cedeira 15 de  xullo de  1930

 

Amigo Xan do Mascoto,

patrón de lancha Pesqueira

que de xente volanteira

anda cheo astro pescozo.

 

Que sempre fuce bon mozo

estou cheo de sabelo

gran pescador de xurelo

panchos, corbelos e congrio.

 

Moi valente mariñeiro

con baixa de mar desfeita

pescar de fondo te vexa

entro Meixón e o Sarnoso.

 

E se che parece pouco

comendo unha caldeirada

encima da Cuncagada

cando rompa o Mar do Coxo.

 

Non sabes cante me tarda

tomar terraxe contigo

para que seipas meu amigo

que son home de palabra.

 

E se non podes montar

os Gallos da Candieira

coa miña lancha lixeira

eu tirei remolquear.

 

Pois son un lobo por mar

son atrevido sen tasa

moi conocido na casa

astras horas de xantar.

 

Conozo tódalas marcas

das Sisargas a Viveiro

son o patrón tarrafeiro

máis nombrado na comarca.

 

Á luz do Faro da Estaca

esta carta che escribín

se ti me queres a min

contéstame sen tardanza.

 

E dalle abrazo sen falta

o Punxallo, o Badexeiro,

Vermeu de Foa e Terreiro

Petón e Pedra da Plata

e demais xente da casa

que  por min che preguntase

se non quere arrechegarse

dalles abrazos sen tasa.

 

No sobre da túa carta

ponlle de for e de terra

Cabalo Xoan Pedra Mea

Ortegal Cabo da Estaca.

 

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: