off
Mundo, Politica internacional — 28 Setembro, 2012 at 6:09 p.m.

Alerta aos eleitores de Obama: “Acordade!”

by

Vimos de coñecer un vídeo de apoio a Obama interpretado por  Samuel L. JacskonO vídeo  foi pago por unha organización de xudeos americanos, a Jewish Council for Education and Research.

Susie é unha miúda que non deixa de pensar nas eleccións. Vai ao cuarto dos seus pais, que están a ver a televisión, para os espabilar:  “Estamos cansados, filla, volta para a cama”, dinlle.

Jackson  con aire de sarxento, apágalles a  televisión e dilles fitando aos ollos:  “Desculpe, meu amigo, mais non hai tempo para  roncar. Un millonario sen noción da realidade acabou de declarar guerra ás escolas, ao ambiente, aos sindicatos e aos salários xustos. Se foran feitas as vontades de Romney estaremos a velas vir, cada un por si. Vai  contra o estado do benestar (safety nets, e se cas, mala sorte) .- Portanto suxírolles que acorden, carallo!”.

Despois de avisar a toda a familia  e que o irmán máis vello lle diga: “Desculpa se te estou a dar unha novidade, pequerrecha, mas todos os políticos son iguais”.  Como que todos son iguais !,  retrúcalle Samuel L. Jacskon. Obama quere que traballes aquí….   Romney….que emigres a traballar fóra, se es pobre, e de paso céibase de millóns de votos en contra.

Susie sube ao cuarto, abre a xanela e bérralle a toda a cidade: “Acordade, carallo”.

 

De acordo co Huffington Post,  Barack Obama  leva o 48,7% de votos, contra 44,5% de Mitt Romney.

 

Queda moito por facer. Galicia, país do primeiro mundo. Mais é tan doado de perdelo ! Todo moi galego, non si ? Co conto da crise estanse a rabenar dereitos que non han voltar o dia de reis. E se non nos cren, pregúntenllo a Samuel L. Jackson

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off