off
Brincadeiras — 26 Setembro, 2012 at 8:51 a.m.

Lorazepam na auga da torneira

by

Imaxinen que o noso Feijoó para sandar tanto recorte e malestar sementado, tirando dun aquel  tan benefactor  coma grotesco que o impulsara a animar a malta nun inédito aceno de magnanimidade, ordenara inxectar por Decreto  algún potente ansiolítico na traída da auga.  Certo é que nese desbalde alguén podería ver máis do que grandeza, un abuso de debilidade ou de perversión.

Hai pouco Jorge Fiel  no Jornal de Notícias  imaxinou ese suposto, tirando  da sorna para reflectir un presente indolente, e saiulle mesmo unha alegoría do que está a acontecer no mundo:

“O que é preciso é combater a depressão e animar a malta. Nem que para isso seja necessário misturar Prozac na água da torneira – e, já agora, e por que não?, adicionar também um bocado de Viagra, pois no primeiro semestre nasceram menos quatro mil bebés que no mesmo período de 2011.”

Un estudo publicado na Gaceta Santiaria venlle de dar a razón ao xornalista portugués ao  revelar que mostras de auga da  torneira en espazos públicos e privados e nas estacións depuradoras   de cinco estacións depuradoras de A Coruña, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e  Vigo  detectaron  12 dos 14 fármacos psicoactivos analisados (antidepresivos, ansiolíticos e antiepilépticos).

Entre todos destaca o Lorazepam, unha potente benzodiazepina: ansiolítico, amnésico, sedante e hipnótico, anticonvulsivo e relaxante muscular.  Seica que se coñecen pouco os posíbeis efectos na saúde  da exposición continua a doses baixas. Será por iso que Feijoó ten unha visión tan compracente da realidade? Estanse por ver os efectos políticos de tan demorada exposición aos sedantes. Se vai prevalecer a amnesia, a sintomatoxía depresiva ou se imos tirar, en fin, da autoaxuda.

Qué diría o Oscar Wilde, quén imita a quén, submétese a realidade á ficción?

 

Esteban, S et al. Psychoactive pharmaceutical residues in the watersheds of Galicia (Spain). Gac Sanit. 2012;26(5):457–459.

 

2 Comments

  1. Postos a escoller, eu escollería Rubifen (Metilfenidato) na torneira, un parente do LSD.

  2. Éche polo cobro da receitas dos medicamentos, que por cousa diso disque a xente consumía menos do que precisaba e, deste xeito, vese compensado o défit.

    O que está por crarexar é se os verquidos de ansiolíticos nos deopósitos de auga corriente son de xenéricos ou de marca, que xa se sabe, o ghasto medicamentoso non vos é o mesmo, non.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off