off
Política — 25 Setembro, 2012 at 4:30 p.m.

Mas anuncia eleccións adiantadas o 25-N

by

Artur Mas, presidente da Generalitat de Catalunya vén de anunciar o adianto de eleccións para o 25 de novembro. Se non quería perder a iniciativa Mas non tiña moitas máis alternativa que un referendo popular sobre a independencia de Cataluña logo do suceso do 11 de setembro e a negativa do goberno de Rajoy a negociar o pacto fiscal e após a cerna do Estatut polo Tribunal Constitucional. O catalanismo encetou un proceso moi ambicioso, mesmo  irreversibel, non exento de dificultades e que deberá achar o recoñecimento de outros. “Ha arribat l’hora que el poble de Catalunya exerceixi el dret a l’autodeterminació”, dixo.

Mas afirmou que “nada será doado” e que “todo é posibel”, e que unha vez que o pobo de Cataluña acadara os seus obxectivos nacionais, non volveria a presentarse a unhas eleccións. Afirmou, tamén, que comprirá acatar o veredito das eleccións porque ” o Parlamento que xurda das eleccións  terá de defrontar un reto histórico”.

Mália o éxito da manisfestación do 11-S o máis importante é a lexitimidade democrática do proceso que se deriva da convocatoria de Mas. Ficou claro que hai unha parte significativamente numerosa de cidadáns que queren un estado próprio. Iso veuno a imprensa, os axentes e a  opinión pública internacional, os cataláns de opinión diferente e os españois non fundamentalistas que analisaron o por qué amplas camadas de poboación acolleron a opción soberanista.

No occidente democrático coñécense dous caos semellantes, Escocia e o Quebec. En ambos e dous, vai ser o referendum quen deu leximidade democrática aceptada polas partes.

 Deste xeito, a cidadanía catalana poderá coñecer os argumentos a facor e en contra dun estado de seu, debatelos e escoller en liberdade. Hase de ver se o debate electoral xirará tamén á volta da probreza, o desemprego, a educación e a sanidade. Que Mas veña de demanar un proceso democrático de decisión amosa que non hai vontade de imposición mália existir a opción da proclamación unilateral.

Portanto, xa non se trata de que os partidos interpreten o que pensan os cidadáns, senón de abrir a posibilidade de que decidan.  Con este paso, encétase un camiño de incuestionable  lexitimidade democrática.


Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off