off
Política — 25 Setembro, 2012 at 11:48 a.m.

Feijoó, La Voz e a indisolubel unidade da desfeita

by
Feijoó e o presidente de Iberdrola abrazándose en 2009. A primeira decisión do seu goberno foi suspender o concurso eólico convocado polo Goberno de PSdeG-PSOE e BNG. En agosto de 2012, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulou en sentencia firme a decisión adoptada polo goberno do PP.

Xa vai pasar nas eleccións do Estado. A xustiza tamén vai entrar en campaña co caso Campeón. A xuiza que o instruía vai  enviar  ao Supremo  a investigación contra o daquela ministro Blanco, cabeza da lista por Lugo. Agora ven de poñerse en marcha unha operación anticorrupción por tráfego de influencias que afecta a medio centenar de persoas, entre as que está o Alcalde Ourense, tamén do PsG-PSOE. Operación, por certo, da que pouco se sabe.

En fin, está en xogo non só o goberno da nación senón a política de recortes de Rajoy para os vindeiros meses se acaba  por producirse o resgate da UE que virá a certificar o fracaso da política anticrise do PP.  O candidato Feijoó quere as eleccións galegas non sexan un plebiscito sobre os recortes de Madrid por iso dirixe a súa campaña cara a politica  do bipartito. Lembremos, porén, que Feijoó vai ser o primeiro en encetar os recortes que logo aplicou Rajoy. Lembremos tamén que uns meses antes de estoupar a burbulla inmobiliaria vai xustificar o gasto de 500 millóns de euros na Cidade da Cultura, o megalómano proxecto de Fraga que herdou o bipartito. Feijoó gañou no 2009 prometendo crecemento e deixa un país en recesión cunha caída do 1% do PIB, máis desemprego cá nunca e o coctel combinado de austeridade e de crise que desbaldou a vantaxe comparativa que tiña Galiza en termos de emprego  (o paro medrou un 67% fronte ao 35% do resto do Estado).

E como non hai dous sen tres, ao incumprimento da promesa de non baixar impostos súmanse un balanzo económico negativo e  a desfeita programada  da sanidade e da educación pública.   Mais non desesperen, Feijoó xa avanzou que se gaña o 21-O, agora sí, creará emprego. Ah, lémbranse de Nova Caixa Galicia? Pois acabou nacionalizada polo estado español e contaminando todo o sistema financieiro galego.

Feijoó non sairá na foto con Rajoy. O programa do PP para Galiza será privatizar todo o que se mova ,  ceibar o pantasma do bipartito de dúas ou de tres cabezas (que deus é bo mas o demo non é malo), falar pouco do goberno amigo e conxurar  o experimento de MC,  tertuliano de Intereconomía (ese divertimento creador de encefalogramas planos) condenado por estafa, apropiación indebida e disputador de votos do PP.  Para elo, contará co inestimabel e explícito apoio de La Voz.

Atentos.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off