off
Cedeira, Política local — 23 Setembro, 2012 at 12:03 p.m.

De dietas e altruismos

by

Está ben que o ex-Alcalde de Cedeira J.L.Vergara nos acordara do soño, aforrándonos de paso ter que facer números para comprobarnos a irracionalidade interesada de quen nos goberna, aquilo de que para aforrar un peso gastamos tres pesos.  Se ainda hai quen non se decatara de que hai quen fixo da actividade política o seu xeito principal de manutención ou se por acaso ainda hai quen  non querendo saber nas derradeiras lexislaturas, agora lle pique a curiosidade:  que saiba que a vocación de servizo público da que se gabou todos estes anos Leopoldo Rubido foi unha forma de vida…Mais non foi o único.

É de supoñer que cada un dos representantes que pasaron polas diferentes corporacións, todos eles com experiencia nos gobernos patrióticos da Vila e Terra de Cedeira, desataran a rir.

Até  onde estamos dispostos a desenvolver a lóxica do populismo?. Certo é que nas coordenadas sociopolíticas de Cedeira e de Galicia os cargos máis ou menos ben remunerados non son garante de que accedan a funcións representativas os mellores  en calquera nivel da administración no que reparemos. Ben é sabido que noutros concellos e niveis da administración, moitos cargos electos teñen renunciado a parte dos seus salarios e dietas dende o comezo da crise, nametras hai quen cobrando unha boa pensión non renunciou a recibir remuneración en forma de dietas ( a etimoloxía é nídia, dayta en grego significa,  antes de derivar en sinónimo de réxime alimenticio,  forma ou réxime de vida).

As persoas non son alleas ao anacronismo que existe entre a súa  realidade económica e  as políticas  de austeridade que lle son  impostas (iamos dicir, “suxeridas”). Madía leva,  as diferentes corporacións de Leopoldo Rubido  non foron exemplo de progresismo, altruismo e transparencia !. Olláparo foi testemuña.  O caso do concelleiro Vilela é máis un caso de que hai quen está en política para non perdelo tempo. Mais ese xeito de facer política ten o seu público.

Se ben cómpre delimitar a remuneración axeitada á liquidez e recursos de cada administración, tamén é certo que  o discurso do altruismo   ten os seus riscos, ben pola vía da supresión total de remuneración ou por ficar reducida a  simples testemuño simbólico, ben polo voluntarismo militante dos que non vivindo nen traballando no concello acceden a cargos representativos, en fin, polo desleixo de quen exerce oposición ou pola apatía da própria cidadanía.

Cómpre non esquecer que o que  se cobra tamén sirve para pedir responsabilidades a quen nos goberna.

Visibilice a oposición a presentación conxunta de enmendas aos orzamentos de 2013 , como a reducción á metade das dietas por asistencia dos cargo eleitos; a limitación de soldo dos concelleiros a unha porcentaxe   ponderada relativa á retribución fixada para un funcionario da corporación do grupo A con especial adicación,  desenvolvan ou non as súas funcións en réxime de adicación exclusiva ou parcial;  limiten a partida para os grupos municipais  ou recorten nun 50%  os gastos da alcaldía e as externalizacións que haxa.

A adesión ás bondades do crecimento sen límites e a construcción, abocounos directamente a unha situación  de precariedade, mesmo de situación de fallida técnica da institución municipal como motor político, democràtico e econòmico da vila. A débeda e o pago de intereses financieiros,  sumado ós recortes da Xunta e o Estado e a baixada de ingresos por taxas e impostos, obriga a un orzamento sen marxe para investimentos nen para iniciativas políticas baseadas en partidas orzamentarias.  Máis alá da tentación de  populismo, explíquenllo á xente e actuen en consecuencia.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: