off
Poesía — 23 Setembro, 2012 at 9:52 a.m.

Aos voluntarios do Prestige

by

De loito andaba o mar

naquela hora

carpindo a súa vida a se acabar

apenas un ronsel de carapola

batía nos penedos e areais.

 

Entón chegastes vós bágoas de escuma

feridos de carraxe e de paixón

nun acio inmensurable de brancura

do abrente luminoso ata o solpor.

 

De loito

de loito negro e branco

andaba o mar.

 

(Cedeira, mes de Natal de 2002)

2 Comments

  1. Acho que este país ten pendente agradecerlle os servizos prestados aos voluntarios anónimos que apañaron piche coas mans.Se volver acontecer….habíase ver se recuncaban

  2. Eu tamén fun bágoa de escuma ferida, limpei e carretei toneladas desa merda do demo na Praia do Ancoradoiro en Muros xunto a centos de voluntarios. Obrigado

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off