off
Eleccións 21-OUT — 23 Setembro, 2012 at 5:10 p.m.

A campaña electoral quence motores con actos reivindicativos

by

Os actos electorais comezan a prodigarse nas comarcas de Ferroterra- Ortegal . O venres  foi o Bloque Nacionalista Galego na Praza do Himno Galego arroupando a Francisco Jorquera Caselas candidato  á presidencia da Xunta de Galiza.  A reivindicación do camiño de ferro entre Ferrol e A Coruña vertebrou os actos xa que o impacto mediático do AVE está a silenciar o proxecto de supresión desta liña que precisa investimento pois vertebra a área metropolitana de A Coruña-Ferrol. Se non for así  a dúas cidades ficarían sen un servizo público vertebrador e a estrada ficaría coma única via de comunicación terrestre para unha das áreas urbanas máis importantes do país e con sectores estratéxicos fortemente castigados.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off