off
Mar e Pesca — 20 Setembro, 2012 at 9:03 a.m.

Duro inverno

by

Asoar Armega denuncia que onte, 19 de setembro, “recibíase o comunicado do peche da pesquería da pescada  para este terceiro trimestre na modalidade de artes menores, e Olláparo ten constancia de que existen outras que están a piques de esgotarse. Así constátase unha vez máis, a situación pola que pasan estes pescadores, que cada vez se ven máis limitados na súa actividade pesqueira, ben pola merma das capturas, como é o caso do polbo, ou polo peche continuo de pesquerías cruciais como a pescada, o xurelo ou a xarda“. Albíscase un duro inverno na comarca sen naval, sen cota da pescada.

Saber máis:Que pasa na costa

4 Comments

  1. Navantia calcula que o encargo de Pemex só creará ”353 empregos’

    20/09/2012 – Galiciaé LV / Axencias
    O Comité de Empresa de Navantia Ferrol e Fene asegurou hoxe que o encargo asinado esta semana coa petroleira mexicana Pemex para a construción dun flotel nos estaleiros públicos da ría ferrolá creará unicamente “353 empregos”, segundo os cálculos que realizaron os sindicatos, tomando como referencia as horas de traballo por operario.

    Información relacionada
    Feijóo pide a Pachi Vázquez máis seriedade ao opinar sobre os contratos con Pemex

    Andalucía di que parte da carga de traballo de Navantia debeu ir a Cádiz

    Aclunaga ve en contratos con Pemex un “punto de inflexión” para o naval

    O Comité, que desde o martes 11 permanece encerrado no salón de recepcións do Concello de Ferrol, ofreceu hoxe unha rolda de prensa para valorar un encargo que consideran como “positivo” pero que consideran “insuficiente”.

    Os sindicatos do naval ferrolán cren “esaxeradas” as expectativas laborais de emprego ofrecidas pola Xunta, que cifrou en 1.500 empregos na ría de Ferrol, e redúceno á cuarta parte do anunciado.

    O encargo proporcionará ao persoal directo e auxiliar de Navantia en Ferrol máis dun millón de horas de traballo.

    Ignacio Naveiras, de CCOO, portavoz do Comité ferrolán asegurou que a empresa informou onte ao Comité Intercentros en Madrid de que o contrato coa empresa mexicana conta cunha “cláusula de confidencialidade ” que lles impide ofrecer máis detalles ao persoal, algo que, segundo manifestou a Efe, non ocorrera nunca. “É a primeira vez”, insistiu.

    Os sindicatos optaron por manter a súa protesta con carácter indefinido para reclamar á empresa a consecución de novos “contratos militares” e o dique flotante para “apontoar a área de reparacións navais de grandes buques” e xerar emprego de forma sostida a longo prazo.

  2. Un 400 postos de traballo para Ferrol si resolven o tema de construir barcos civís. Isto vai para Barreras ou Navantia Cadiz. Algho é algho pero moito me temo que un foghete pre-electoral

  3. Olláparo Edición

    Díxonos un que traballa no sector naval que o de Pemex a nivel mediático-electoral é bananero,como se fose a gran panacea para a comarca de Ferrolterra. Seica están vendendo un buque que fai por ¼ dunha fragata…

  4. Antom Labranha

    Hoxe recibimos boa nova de que o naval galego vai construír dous barcos floteis (= hoteis a flote) por encargo da petroleira mexicana Pemex, un deles en Navantia. Isto vai supoñer traballo no asteleiro para dous anos e medio.

    Porén, tamén recibimos a cruz da moeda: Galiza pode PERDER as axudas europeas a partir do 2014: DEZ VECES MÁIS do investimento que se achega cos dous floteis.

    Lembrades o cantar aquel que dicía “Cando chove e quenta o sol, anda o demo por Ferrol”?

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off