off
Política — 16 Setembro, 2012 at 7:32 a.m.

A devoción de Feijoó

by

O noso Alberte pregou ao Sr. Santiago que lle arranxara a súa desfeita, súa e a do pior goberno da historia da Autonomía. Despóis de exercer de servil axente da Rúa Xénova ao servizo dese vello deus que chaman o Mercado , deixa na conta final de catro anos de desgoberno, ineptitude, autoritarismo, demolición da nosa autonomía, da nosa identidade, dos nosos postos de traballo, caso do Sector Eólico, e dos dereitos fundamentais dos galeg@s.  Pídelle ao “matamouros”, xa que non él cumpriu o seu contrato ante a cidadanía asinado ante notario, nin rematou co paro nin en 45 dias, nin en todo o seu mandato, senón que o incrementou tanto como a débeda.

Feijóo pide a Santiago que lle arranxe os seus 275000 desempregados en Galiza, os 20.000 traballador@s que agora está a padecer un ERE, os 600.000 Galeg@s que malviven por debaixo do limiar da probeza, ou os 60.000 moz@s emigrados. O presidente da Fundación protofascista FAES, José María Aznar, durante a súa intervención en Italia no foro Ambrosetti pide que á “collada” desta farsa que eles (os seus creadores) denominan crise, que se dinamite o estado de benestar e as autonomías:  “Los dos grandes problemas de España ahora mismo son el modelo de Estado, que no funciona y hay que reformar, y el estado de bienestar, que es insostenible” (El Plural) , namentres no seu patio particular, a súa dona Ana Botella afirma que os “senteito” e “desafiuzados” das rúas madrileñas son un atranco para os  servizos de limpeza (Público).  María Dolores de Cospedal queixase de que a democracia é moi cara e pide reducir políticos. Ela, e máis a totalidade do Partido Popular teñen mais en estima a dictadura de Franco; daquela a oposición aforrábase, costaba o prezo dunha bala, ou incluso menos, un exilio; daquela a oposicion era moito máis barata.

Xa o dicía, Francisco Franco aquel famoso golpista xenocida que recortou en oposición metendoa en centos de fosas comúns “No se metan en política hagan como yo”. Claro que tramar para recortar en democracia e dereitos fundamentais baixo a manida ladaiña da austeridade, tería aquelo de argumento ético-evanxelizador se no fose por un “pequeno pero”, as millonarias nóminas e o luxo da ‘Sétima Planta’ de Génova  (Attac).

A Troika pide que os empregados gregos traballen xornadas de 13 horas “se é necesario” Ademáis piden que se reduzan á metade os prazos de anuncio de despido e indemnizacións e que se eliminen 15.000 postos de traballo públicos até final de ano. Todo isto derriba doutras lousas impostas que xa padecen. E este é o espello no que debemos mirarnos os denominados eufemisticamente como “resgatados” se cometemos a torpeza e indignidade histórica de permitir barbarie tal (La vanguardia)

2 Comments

  1. E que os santos viñeron que nin ao pelo para inventar a historia do Reino de Castela e da cada día máis desmentida dinastía castellano-navarra. Tanto che sacaban un Matamouros, como un Mataindios.

    A realidade é que o Reino de Castela non debe ser tan antigo como dì “a historia” pois non foi clave na Reconquista , ademáis de xurdir do resultado dunha división testamentaria de Alfonso VII (Coronado rei de Galicia en 1111). O seu fillo Sancho herda este pequeno condado (aquí comeza a historia do Reino Castela),
    máis o seu territorio foi reconquistado tamén por reises que eran da Galiza e falaban galego como Alfonso VI, que difícilmente podía ser rei de Castela, sen ser o rei da Galiza, que incluía entón o condado castellano.
    Él si foi clave na Reconquista, gañou a maioría dos territorios que un século máis tarde farían grande a Castela, como o caso del reino de Toledo (en 1085) tamén la Rioja.

    “Ay meu fillo! ay meu fillo! ¡Alegria do meu coraçon e lume dos meus ollos, solaz da mia velheze! Ay meu espello, en que me soía ver, e con que tomaba gran prazer! Ay meu herdeiro mor! Cavaleiros, u me lo leixastes? Dade-me meu fillo, condes!”.

    Alfonso VI na morte dun dos fillos na batalla de Uclés

    A historia de España está chea desa cultura de degolar mouros, indios ou touro…
    Eu coido como no apunte do Palacete e patrimonio que prefiro cando se trata da historia, aquelo que xurde do estudo, a ciencia e a sensibilidade cultural, non dos espellismos festivos. Digamos que me emociona máis saber que están estudando un cuncheiro do Campo das Croas que ser castrexo por un dia no “Lugnasad”

  2. Uns apuntamentos sobre a nobre arte de degolar mouros:

    i) No 844 produciríase a famosa e hipotética batalla de Clavijo, onde o apóstolo, sobre un corcel branco, axuda aos cristiáns contra os mouros.

    ii) Non houbo tal. Non é só que sexa imaxinaria a aparición en combate do apóstolo Santiago: é que nunca houbo tal batalla.

    iii) O mesmo rol se lle ten asignado a San Millán (de la Cogolla – A Rioxa) na batalla de Simancas (ano 939), a quen se representa tamén na garupa dun corcel brandindo unha espada-lóstrego contra os mouros. É, dende antigo, o patrón de Castela.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off