off
Eleccións 21-OUT — 9 Setembro, 2012 at 9:41 a.m.

O Consello Político Federal de Izquierda Unida dá o visto e prace

by
O xornal Público informou que o  Consejo Político Federal de Izquierda Unida deste sábado despertaba cunha nova aínda recén saída do forno: a constitución da Syriza galega, a sinatura da coalición entre Esquerda Unida – marca autonómica de IU– e Anova, formación de escindidos do BNG liderados por Xosé Manuel Beiras.
Membros do Consello aplaudieron á coordinadora rexional, confirmada número dous da lista por A Coruña, Yolanda Díaz. Díaz agradeceu o respaldo e destacou que o que serve de pegamento con Anova é o programa máis non as “cuestiones identitarias” “a fratría máis non a patria”.
Para espantar medos e recelos de quen cree que EU cedeu demasiado (Beiras encabeza por A Coruña).Díaz remarcou que a súa forza no se embarca nun proxecto nacionalista, e que segue sendo hexemónica na alianza. “Vamos a por todas, queremos romper la política en Galicia”.  Introduce un cambio que de aprobarse, afectará ao próximo cónclave. Até agora os 180 membros do Consello Político Federal eran elexidos por duas vías: 50% era designado na respectiva asamblea federal y outro 50% era nomeado polas federacións. Co novo texto, altéranse as porcentaxes:  70% saíra do congreso e o 30% dos “territorios”.

Namentres a dirección federal introduce no borrador de novos estatutos para discusión da X Asamblea Federal, convocada para os días 14, 15 e 16 de decembro deste ano na procura dun discurso “coherente” e “único” en todo o Estado.

Por outra banda,   Joan Herrera lider de Iniciativa per Catalunya-Verds e socio de Izquierda Unida, dí que Cataluña ten que plantar cara o  “centralismo y al españolismo” para recuperar a súa soberanía.  Neste contexto, informa El País, Herrera reclama  “un Estado propio” e que “é o momento de plantar cara ao centralismo e ao españolismo, e que se debe facer ao  lado dos independentistas e  catalanistas”.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off