off
Normalización lingüística — 6 Setembro, 2012 at 11:14 a.m.

No Béarla

by

No Béarla (2007-2008) vai ser un programa da  televisión irlandesa TG4. No Béarla, que en gaélico significa “non inglés”,  Manchán Magan, o seu protagonista, viaxa por terras de  Irlanda vivindo á toa  situacións cotiáns nas que sempre se expresa en gaélico. E diredes: Irlanda ten Estado de seu e o gaélico, infelizmente, fálase pouco e é ben diferente do inglés.  Fálase menos, disque, que o galego aquí. Mais sospeito que o noso idioma non é imprescindibel para irmos de  Ribadeo a Tui se o que precisamos é  atopar traballo, redactar unha compra-venda de piso, visitar un médico no hospital ou pagar no Gadis.  E se fose imprescindibel para a vida cotiá, o galego ?

Segundo os dados do Instituto Galego de Estatística en 2005 as porcentaxes de falantes habituais de galego incrementaron (56,84% da poboación) ao tempo que cada vez son máis os que non o falan nunca(12,86%).  E retrucaredes, as enquisas din unha cousa, a realidade outra.

Sería interesante facer o que Manchán Magan na Irlanda, comprobalo sobre o terreo. Facer kilómetros cunha boa fardelada de ironía e de sorna. Así o pensa a  produtora catalana Zeba ( que está a procurar finanzamento atraveso da produtora Verkami) e as institucións que a apadriñan e a asesoran:  Tallers per la Llengua, a  Plataforma per la LlenguaGrup d’Estudi de Llengües Amenaçades (GELA) e o Centre Universitari de Sociolingüística i Comunicació de la Universitat de Barcelona (UB). Queren  imitar o programa irlandés cun documental road movie que atravese Catalunya, a Franja, Catalunya del Nord e  Andorra (deixando para unha segunda quenda, as Illes e o País Valencià). É ben interesante. A ver como lles sae. Ficamos á espreita.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off