off
Arte, Cedeira — 5 Setembro, 2012 at 11:15 a.m.

Cantando as coarenta

by
Descrición orixinal do proxecto de Francisco Escudero

Sei que nesta partida, aínda cantando as coarenta, teóricamente non vou gañar ren, pero na práctica, nunca se sabe. Insistindo na teima de ¿que van poñer no sitio da Peixeira?, e afondando na historia política de D. Leopoldo Rubido , coa intención de que o pobo de Cedeira o coñeza tal como foi e é ( éste non cambiou ren). Agora quere meternos un gol dende o medio do campo, facéndose pasar por “demócrata”, por todo iso voulle lembrar o que fixo no ano 1989, estando el de alcalde ( por suposto ).

Por ser eu fillo de mariñeiro, toda a miña vida estivo relacionada co mar, sempre sentín orgullo por este feito, por tal motivo quixen e loitei por que se lles fixera un monumento ós mariñeiros.  Quen gobernou Cedeira dende que lembro ( agás dúas lexialaturas), foi a Dereita Franquista, reaccionaria e caciquil, tanto no Concello como na Confraría de Pescadores, o único que fixeron polos mariñeiros foi vivir de puta nai á conta deles, xamais os respetaron nin os defenderon, e claro, menos lles ían facer un monumento.

Como non se me ía da cabeza a homenaxe á xente do mar, púxenme en contacto na Coruña co mellor escultor, presenteime no seu estudio e díxenlle quen era e o que quería. Despois dun bó cacho díxome: “Vouche facer o proxecto. Normalmente non recibo a ninguén sen cita previa, pero ti xa te colaches no estudio, e o que máis me convence é que sexas fillo de mariñeiro”.  Mandoume voltar á semana, deume o proxecto ( desexoume sorte),  entregueillo ó BNG de Cedeira, quenes o presentaron nun pleno, e foi aprobado pola totalidade dos presentes ( incluido Leopoldo ). Cal foi a miña sorpresa cando ésta personaxe ( de pouca palabra ), en menos que pasara un mes, recúa no prometido. Pois sí, se os mariñeiros non teñen o seu monumento aínda nesta vila, foi por culpa de D. Leopoldo Rubido, que foi capaz de facerlle un monolito a Franco, pero ós nosos mariñeiros, non.

Primeiro rascuño de Francisco Escudero para o Monumento ó Mariñeiro.

2 Comments

  1. Gelo do Moure

    Gracias Avelino, polo que vexo aínda queda alguén cordo en Cedeira, se me ves pola calle fálame que me gustaría saber quen eres . Un saúdo

  2. O problema de todo isto é que moitos mariñeiros esqueceron de onde viñan, mantendo a Rubido onde está. Téñeno ben merecido, non os seus pais e avós: eses si que o merecían. Cando un non sabe de onde ven, non sabe para onde vai.
    Nen memorial de homenaxe aos represaliados de aquí, nen ós homes do mar que nos deu de comer…e cando quixeron homenaxar ás peixeiras confundíronas coas “donas” dos mariñeiros. Nin iso.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: