off
Política local — 5 Setembro, 2012 at 9:34 a.m.

A fábrica “Marujita Canela” de Cariño

by
Foto: Diario de Ferrol

O Concello de Cariño vén de anunciar traballos de millora da antiga fábrica “Marujita Canela”, hogano propiedade de  Portos de Galicia. Eis un caso ben acontecido de  arqueoloxía industrial, neste caso da industria conserveira, adaptada a novos usos que permitan a súa conservación. O intervención  de acondicionamento vai a cargo do  Fondo de Compensación Ambiental, para continuar acollendo a sede de  Protección Civil e centro de recollida selectiva.  Máis alá do máis ou menos acaído dos usos e da existencia e valor de edificios singulares, pon de relevo que hai vieiros ben interesantes e alternativos para poñer en valor as pegadas dun pobo mariñeiro que soubo facer da actividade conserveira un dos seus sinais de identidade.

One Comment

  1. Chapeau! Un exemplo que aqui en Cedeira se puido seguir aplicado a outro tipo de construccions que non foron industriais pero que mereceron estes coidados.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: