off
Rebuldeiras do Cego das Cancelas — 4 Setembro, 2012 at 4:38 p.m.

Sen fartura non hai crego

by
(Cantiga para o Bernardo Penabade)

No lugar de Cordobelas

ao pé dunhas cereixeiras

hai unha pena tan grande

que se ve desde Cedeira.

Un día polo amencer

chegou un predicador

a quen chamaron abade

por non chamarlle prior.

Sete días sen parar

ningunha alma salvou.

E que se lle vai facer!

el predicar… predicou.

Farto de tanto sermón

quixo un pouco descansar

e sentou naquela pena

soñando con bo xantar.

E cando se quixo erguer

forzas non tiña xa o home.

Que pena!, señor abade

non se mantén quen non come.

Alí finou aquel santo

que por ter necesidade

non tiña frío nin manto

nin tiña sede nin fame.

E así rematou a historia

que de certo foi verdade

pois din que son, os veciños,

do lugar de Penabade.




 				

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off