off
Eleccións 21-OUT — 4 Setembro, 2012 at 7:39 a.m.

A conta atrás

by

Estamos xa chegados a un periodo preelectoral. Vemos con estupefacción que Galiza se converte nunha terra de loita como trampolín da política estatal. O PP e o PSOE queren manter a sua franquicia en Galicia e pugnan por ver quen consigue a “concesión”. Pero Xénova o Ferraz son os defensores de Galiza? Teñen un proxecto de país? NON. Ollamos como a converxencia con Europa é menor.

Non se defende as opcions dos galegos (véxase como os sectores agro-gandeiros ou o naval son espoliados) e por riba atácase culturalmente a nosa terra. A nosa cultura xenera beneficios tanto económico como sociais xa que nos vertebra, mais aldráxase a língua e suspendense festexos por ser moi galegos. Eu quero dende este espazo facer un chamamento para que se voten a forzas políticas do país . Mais só a aquelas que garantan os dereitos aos cidadáns e que loiten pola clase obreira galega. Teñamos fe nun proxecto de país.

2 Comments

  1. Pois si o consiguen de seguro que ao final acabaremolo pagando xa que ninguen nos respetaria.
    Respetase a un pobo pola sua cultura e tradicions, e no noso caso tamen como nacion que defende os seus intereses lexitimos.

  2. A algúns xa lles vai ben que nos convirtamos nunha rexión máis, coma Murcia.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off