off
Eleccións 21-OUT — 3 Setembro, 2012 at 06:39

As enquisas encenan un resultado aberto

por

Mesmo un xornal da dereita españolista como La Razón, mália os seus intentos de enmascaralo, tanto é o odio que sinte polo nacionalismo galego de esquerdas,  albiscan un resultado aberto onde o PP podería perder a maioría absoluta. Portanto, quen pense que o cambio se acadaría con só nomealo ou esperando o desgate da crise, ou é un insensato ou entende a política coma os menores de idade.  As dúas forzas con posibilidade de reeditar un goberno galeguista de progreso deberían favorecer ese pronóstico con claves que nos axuden a comprendermos o que está a acontecer dende aquí e con vontade inequívoca de gañar o país logo dunha lexislatura de desguace e desfeita dos nosos sectores productivos e da nosa identidade e onde medraron os desafectos polo incumprimento do “Contrato con Galicia”. Lémbranse? Cómpre recuperar a credibilidade na política logo dun período de insustentabel negación e anestesia.

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: