off
Eleccións 21-OUT — 2 Setembro, 2012 at 7:36 a.m.

Rajoy xustifica a subida do IVE

by

(Soutomaior). O presidente do estado español xustificou onte a subida do IVE para manter os servizos públicos, nada dixo porén de que tamén quere cumprir coa ortodoxia neoliberal para 2012, un 6,3% do PIB.   O  PP arrepía dunha derrota  en Galiza. Por iso Núñez Feijoó non dubidou en teimar, mais unha vez, no que semella será o seu mantra electoral, esta vez por voz do Informe Semanal, cada vez máis parecido a un boletín do PP : Galiza é quen menos déficit ten do estado español, cando noutras partes se reduce a actividade hospitalaria, aquí fanse hospitais novos a eito; aquí, pódeselle pagar a todo mundo. Nada dixo do crónico déficit social.  E aleccionounos: primeiro, dicirlle a verdade aos cidadáns ( sen polígrafo, claro é).

A incontinencia verbal non é boa en quen ten responsabilidades públicas:  “Galícia é unha comunidade capaz de facer fronte ás súas débedas. Desgraciadamente, iso non o poden dicir todas”.

Non dixeron, madialeva, de quen estivo a poñer cartos na boeta. De Cataluña, por exemplo, o goberno español quédase entre o  8 e o  10%  do seu  PIB: por cada euro recadado en Cataluña, 43 céntimos non se gastan en alí.

O PP segue a teimar en trasladar unha visión providencialista da ortodoxia neoliberal ( a subida do IVE como única alternativa) e unha ligazón cada vez máis obscena co catolicismo e co nacionalismo español. O aparello de Estado estase a mobilizar na súa totalidade en Galiza, e non dubidan en contrapoñer territorios. Medrará o soberanismo.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off