off
Poesía, Rebuldeiras do Cego das Cancelas — 31 Agosto, 2012 at 8:01 a.m.

Rito de fertilidade

by

– Secou o río de amor
que outrora por min corría.
Quen ha regar esa flor
niño de melancolía?

Da romaría camiño
chora meniña morena
díxenlle vente comigo
– Ai, non vou que teño pena!

Esa pena que ti tes
eu sei ben como a quitar
deixa que che beixe os pés
a auga salgada do mar.

Despois que se poña o Sol
tomarás o Sacramento:
son nove ondas de amor
son nove ondas de vento.

E alá para a media noite
baixo a mirada da lúa
o cano da miña fonte
poñerei na fonte túa.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off