off
Cedeira, Política local — 31 Agosto, 2012 at 6:08 p.m.

Qué será, qué será?

by


A estas datas, despois da retirada do monumento á Peixeira, e levada para O Pericoto ( por orden de non sei quen ), anda o pobo de Cedeira preguntándose que van a poñer enriba da base na cal estaba a Peixeira.

Hai xente que dí que van poñer un gran busto de Fraga, outros unha figura da Virxe dos Desamparados, e outros que vai voltar o “ Monolito Franquista”, esta opción non sería de extrañar que se lle pasara pola cabeza a este Goberno Municipal do P.P,. coas poucas “luces mentais” que teñen.

Non hai moito,  D.Leopoldo Rubido Ramonde negaba na prensa o seu pasado “Franquista”  (“ yo nunca fui Franquista” ), debe ter mala memoria ou vergoña da súa “historia”, e agora quere pasar por demócrata.

Ímoslle lembrar unha vez máis que quen puxo o “Monolito Franquista” foi él, e trouxo a Cedeira, á súa inauguración o 15 de Maio do 1977 ós” Guerrilleiros do Cristo Rei”, e ó  exministro  Franquista Gonzalo Fernandez de la Mora ( máis Franquista que Franco ),  entre outros.

Como participante ese día nas protestas polo tráxico suceso,  fixera por aquel tempo dúas poesías adicadas ó Monolito Franquista”, as cales volto a recuperar para recalcarlle a D.Leopoldo a súa militancia Franquista.

Non sei de que renegas, xa que grazas a ela chegaches a ser alcalde, a estar no Senado e outros postos ben remunerados  ( “é de ben nacido ser agradecido”, ti nin iso).

Acompañando ás poesías presento diferentes alternativas para poñer no sitio da Peixeira, xa foron publicadas no antigo Olláparo.

Primeira Cantiga ó Monolito

Segunda Cantiga ó Monolito

Que quede claro, Sr.Alcalde, que isto non é nada persoal, só é pola ideoloxía, e ten cuidado non te vaian chimpar do P.P. por querer ir de “demócrata.”

Máis:

En maio de 1977 inaugurábase un monolito a Franco en Cedeira, dixérono os abecedarios «Inaugurado un monumento a Franco en Cedeira» ABC 15 de mayo de 1977, pag.8:  http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1977/05/15/028.html

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: