off
Recanto — 28 Agosto, 2012 at 11:15 a.m.

A Teoría do Ensanche. Creación e formación do territorio da actual Galiza

by

Cando se fala de `identidade galega´ son moitos os que poñen o berro no ceo, por considerar que todo o que sexa falar de identidades claramente diferenciadas, que non nacionalismos, dentro do contexto actual dun país  coñecido como España, e nacido como tal no s.XV da nosa era có patrocinio dos Reises Catolicos, é pouco menos que herexía. Esta teoría está adicada a tódo-los que renegan da verdadeira concepción da `identidade galega´ amáis de tódo-los “sabios de salón de té” que saben de historia e prehistoria máis que ninguén………por que lo digo yo!.      

“Século III antes de Cristo…………..por mor da expansión do Imperio romano os Lusitanos e os Astures, reúnense en Astorga có fin de crear unha alianza prá combatir ós romanos, enemigos comúns destes. Naquél intre, o territorio que hoxe é Galiza, era unha porción de mar coñecida como `Golfo de Zamora´. Portugal limitaba có Golfo de Zamora, polo norte, cunha franxa de costa que transcorría de E. a O. dende Braganza ata Braga, mentres o territorio Astur, ascendía cara o N. dende Braganza ata Cudillero.  As relacions por mar entre Lusos e Astures non eran nada doadas por mor da bravura das augas do Golfo de Zamora, e as relacions terrestres cada vez estaban máis preto do `pérfido romano´. Finalmente e despóis de 54 reunions, Lusitanos e Astures sentáronse en Madrid, o 1 de Maio do ano 274 a.C, baixo o arbitrio de Zapatérico, (fillo do druida turdetano Felipegonzálix), e de Aznarión, (patriarca das tribus íberas), prá firmar o coñecido como `Tratado das pedriñas´.

Segundo este tratado, Lusitanos e Astures, deberían ir botando pedras dende as suas respectivas franxas de costa, cara o Golfo de Zamora facendo ver que se trataba dun ritual de peregrinación, prá non levantar sospeitas.  No ano 186 a.C, déuse por concluido o recheo, amáis dunha canalización de auga que atravesaba o `ensanche´ á que chamaron rio Miño. Despóis encheron o `ensanche´de galos e galiñas, de ahí o nome de Galiza.

Lusos e Astures comezaron a empregar o novo territorio prós seus trapicheos e reunions secretas durante os seguintes seis séculos.  O `ensanche´ subsistiría como `Terra incognita´ ata a chegada dos Suevos no século V d.C, sendo descuberto por estes tras chegar a Braga e comprobar que había terras onde eles creían que se atopaba o archifamoso e temible Golfo de Zamora.   Dado que os Suevos tiñan moito ollo prós negocios, decidiron empregar o ensanche como explotación gandeira, pero non prá gando común, o novo mercado precisaba de novas miras e renovación, por iso decidiron facerse un oco no comercio de `Delicatesen´ i especializáronse na carne de reno, garantíndose deste xeito o monopolio desta carne na península iberica.

Encheron o `ensanche´de renos traidos das terras do norte, e crearon a marca `Reino de Galiza´.  Xa no século XX da nosa era, dous anarquistas atoparon unha das múltiples inscripcions da marca `Reno de Galiza´…entendendo que a verdadeira transcripción era a de `Reino de Galiza´ e con este argumento decidiron crear o movemento nacionalista galego…….máis… tén que haber de todo!.

I esta é a verdadeira historia dunha terra que non é máis que pedras apiloadas, das cales aínda se conservan restos preto de San Andrés de Teixido, e que por alí son coñecidas como `amilladoiros´, dato este, perfectamente contrastable e visible. Xa por último decir que existe unha lenda do lugar que dí que `debaixo dun destes amilladoiros está soterrado o actor británico Leslie Howard´, máis estudos recentes indican que en realidade quén alí se atoparía sería Walt Disney,…..deixemos que sexan os arqueólogos os encargados de poñer as cousas no seu sitio.´   AMÉN…

2 Comments

  1. Vale mais que non sexa Walt Disney o que se atopa debaixo dalgún amilladoiro, iso sería case como ter petroleo e non leva pouco perigo. Pero podo asegurar que agora os difuntos que en forma de lamacha se achegan a Teixido prefiren mellor o inverno polo dos aplastamentos

  2. Daquela debe ser verdade iso de que “non se recheou o golfo de Zamora nunha hora”.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off