off
Politica internacional — 23 Agosto, 2012 at 10:51 a.m.

USA e a princesa Micomicona

by

Estados Unidos é   unha máquina militar que abrollou logo dunha cruenta guerra civil,  garante  hoxe da súa potencia económica: mália dispor do 4,5%  da poboación o seu  PIB  é o 20% mundial, un millón e medio de soldados e capacidade para mobilizar outros tantos.

No Quixote, cando se lle promete a Sancho un ínsula da princesa Micomicona, na África, o escudeiro, un realista do bandullo, dille explícitamente que, en troques de gobernar esa ínsula, tomaría aos seus habitantes negros para vendelos e así facer unha fortuna. Por tanto, por qué non hai país industrializado que pense en mercar parte de África ou calquera outra parte do terceiro mundo, argumentando como xa fixeran no XIX, que son terra nullius? Pola comunidade de valores e  os tratados internacionais, diríamos. Segundo Maquiavelo, nada llelo impediría se o estado é poderoso.

Logo da guerra fría, e ainda que a somba da China é alargada,  Estados Unidos é  arestora ese estado poderoso que imaxinara Maquiavelo coa súa afinada realpolitik.

A súa potencia  é tal que lle permite amosar unha grande capacidade  para absorver o número de mortos en Afganistán (2000), Iraq (5000) ou o suicidio de excombatentes (6500).  Sen dúbida, a súa capacidade de resiliencia é maior dende o Vietnam.  Mais todo ten un costo: tres billóns de dólares. Descoñécense os gaños.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off