off
Ciencia, Ecoloxía — 22 Agosto, 2012 at 12:04 p.m.

O desxeo Ártico bate records

by
NSIDC.Arctic Sea Ice News & Analysis

 Segundo informa The National Snow and Ice Data Center, seica o  efecto albedo retroaliméntase porque ao diminuir a  capa de xeo, en lugar de reflectir a luz do sol, absorve auga emerxida,  facilitando así o seu quencemento  e  un maior  desxeo.  Se continua a tendencia de quencemento no clima global coa dilución e o encollemento do xeo mariño da Antártida podería empurrar as poboacións de pingüíns Emperador para a extinción, segundo un estudo publicado pola revista Global Change Biology. Ainda que o tamaño da banquisa depende da estación do ano, nos últimos anos a extensión  de xeo perdido no verán é maior, reducíndose  un 35% con respeito á medida de 1979-2000

 Non hai de qué preocuparse, o curmán de Rajoy dí que non hai cambio climático. Que cómo ben sabedes é unha trola dos ecoloxistas e dos roxos para estragar o capitalismo.

2 Comments

  1. Antom Labranha

    Dicía o curmán de Rajoy que ningún dos prestixiosos científicos que visitaran a universidade (creo que de Sevilla) na que el é profesor, foi quen de asegurar o clima que podía facer ao día seguinte.
    Dese feito infería que era, por tanto, imposible predicir o clima dentro duns anos ou dunhas décadas, co que concluía que non hai tal cambio climático.
    O sorprendente non é que o individuo en cuestión sexa primo de Rajoy, senón que sexa profesor de Física nunha universidade: a Estatística non establece (NUNCA) o que vai acontecer nun intre concreto, senón cal é a tendencia que os datos que posuímos poñen de manifesto. E a dita tendencia, lamentablemente, é que asistimos a un período de quecemento do Planeta que augura gravísimos riscos de catástrofe.

  2. Intervención Presidente Mujica en Río+20

Deixa unha resposta a Antom Labranha Cancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: