off
Recanto — 20 Agosto, 2012 at 9:32 a.m.

Recuperando o pasado, con ilusión

by

Hai anos que a miña afección favorita vai ser a fotografía, incluso pensei que era un bó fotógrafo, por ter feito algunhas exposicións e levar varios premios en diferentes concursos, pero vexo que era un gran erro pola miña parte. Cando comezaron a aparecer as cámaras dixitais, negeime a aceptalas, dicindo que non había como as analóxicas ( outro erro ).  Mentras non me decatei deste erro, fun perdendo a afección ata o punto de regalar a un amigo o equipo analóxico que tiña, despois de 8 anos sen usalo. Fai uns meses deixáronme unha dixital, e voltei a pillarlle o gusto a aquela antiga afección, e agora ando coa máquina todo o día no bolso, por aquilo de que non hai foto sen máquina. Aproveito para amosar con esta reportaxe que a beleza e a arte poden estar na destrucción e no caos, só hai que vela. Isto atopeino no paseo marítimo de Pontedeume.

One Comment

  1. O amigo a quen agasallaches coa cámara pásalle o mesmiño ca ti, por iso digo que non se deben deixar os hábitos -nen as sotanas- sobre todo os hábitos visiosos. Gostei das afotos, teñen un aquel barroco por mor do abandono e o traballo do mar e a xebra, semellan relíquias de santo a dicir: “que ben era cando subía a maré e andabamos ás turras contra o peirao”.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off