off
Cedeira, Economía — 20 Agosto, 2012 at 6:31 a.m.

Preferentes

by

Os afectados polas preferentes continuan a  se visibilizar en algunhas vilas galegas,  cinco mil persoas nunha marcha que encetou o pasado sábado a estratexia de protestar  onde veranean os banqueiros . Houbo concentracións en Baiona, Compostela, A Coruña, Pontevedra, Vigo, O Grove, Sansenxo, Cangas, A Guarda. Reclamouse e devolución íntegra dos cartos e pecháronse varias oficinas de NGB.

Olláparo pregúntase se os aforradores galegos do norde, de Ferroterra, Ortegal e a Mariña foron máis asisados ca os das Rías Baixas ou vai ser que mália os patéticos esforzos dos nosos gobernantes non hai banqueiro que veranee nas Rías Altas. Non houbo afectados polas preferentes en FerrolTerra? E en Cedeira, non houbo estafados das preferentes?

Información

ADICAE ( Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas de Aforro e Seguros de Galicia) sinala que  Nova Galicia Banco “xa indicou que porá problemas para entregarlle ao consumidor os contratos e outros documentos necesarios antes do día da arbitraxe”. En setembro decidirá se persoarse na demanda interposta pola Fiscalía ou se interporá unha semellante, cos expedientes das persoas que nestes meses lle foron remitindo a súa documentación

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off