off
Ecoloxía — 16 Agosto, 2012 at 9:12 a.m.

Belo Monte

by

Os oponentes ao máis grande proxecto hidroeléctrico  do mundo – o encoro de Belo Monte no Brasil –  veñen de gañar unha batalla, cando un tribunal federal de apelacións ordenou que a  construción sexa adiada até  que os grupos indíxenas sexan debidamente consultados sobre o proxecto.

O proxecto – inicialmente concibido durante os anos de ditadura no Brasil – debería pasar por unha extensa avaliación de impacto ambiental antes do inicio da construción, se ben os xuíces do tribunal rexional do Brasil Federal sinalan que o Congreso actuou ilegalmente ao autorizar o encoro sen a debida consulta cos grupos indíxenas que poden ser afectados.

The Guardian informa que o  xuízo do martes pode revelarse coma unha suspensión temporal,  mais é visto como un veredicto contundente sobre os esforzos do goberno para acelerar a fronte co proxecto do Río Xingu na Amazonía, que – malia a controversia – é un dos piares dos esforzos do Brasil para reducir a dependencia de combustibles fósiles. Tamén é un revés para os desenvolvedores, liderados pola Eletrobrás, que agora deberá denfrontar atrasos multimillonarios ou multas diarias de até R $ 500.000 (£ 166,00) se non cumpre a orde xudicial

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off