off
Poesía — 13 Agosto, 2012 at 12:45 p.m.

Palabra de Pescador

by

Na  clandestinidade do camarote,

oculto tras cómplice cortina

Desentraño en tintadas grafías

Segredos pensamentos de pescador

 

Nesta Soedade salgada

Medroume a barba do saber

E soñei ser… o continuo discorrer da auga

da fonde das penas, na Praia do Merlo.

Ou a fosforescencia das estelas das touliñas

en noites de augas ardentes.

 

Máis naveguei perdido

por mares de meteorolóxicos misterios,

sufrín os avatares do tempo

percibín entre a néboa voces

de náufragos  lamentos

 

So, triste, desalentado

Deixeime abater polos ventos

Chorei as bágoas dos humildes

Sentín a dor mutilados,

Devalei no meditabundo océano

Ate adorar a paz dos afogados.

 

Hoxe este ancián mar

Por veces calmo, outras depresivo

Paseniñamente apaga en min

O xeneroso fervor que me trouxo a el

Nada me fai xa esquecer

O desexo do regreso

 

Fernando Igrexas Bouza  (Gran Sol 10/01/2002)

Violeta de Ouro dos  Xogos Florais de Cedeira 2002

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off