off
Cedeira, Política local — 13 Agosto, 2012 at 4:44 p.m.

Mareando o paspallás

by

Despois de asistir ao pleno municipal o 1 de agosto e ver como están temas candentes para o pobo estas son as miñas impresions.

CENTRO DE SAUDE. Séguese xogando ao despiste xa que non se concreta a ubicación do mesmo. Ao final quen o vai a sufrir e a saude dos habitantes de Cedeira e zonas rurais coma Moeche, Cerdido ou Vilarrube. Señores do Goberno: ¿ Que importancia ten para vostedes a saúde destas persoas? ¿ Ou queren darlle voltas e voltas ao tema ata marearnos? E normal que se chame a xente a movilizarse.

SUBVENCIONS A ASOCIACIONS. Despois de ver que non hai un baremo nin unha motivacion por escrito de por que se conceden subencions a asociacions foraneas ¿ serán quen de modificar o crédito para arranxalo? Dito isto deixome parvo que se ceda o antigo escolar de Santalla a OJE , organizacion falaxista, por 10 anos.  Señores hai colectivos de aqui que non recibiron ese trato e para rematar dicir que non concibo que se use o asociacionismo como unha plataforma politico-ideolóxica. Nun mundo plural hoxe iso e noxento e pueril. Abonda de verticalidades. Na maioria das asociacions socio culturáis non se adoutrina nin aliena a ninguen, cousa que vostedes pretenden voltando ao españolismo rancio. E dicir a contra natura do que e unha sociedade aberta tolerante e multicultural.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off