off
Cedeira, Meio ambiente — 13 Agosto, 2012 at 12:19 p.m.

Cedeira, máis que Villa, Porcavilla

by

Esta é a denuncia que fixen á Consellería de Medioambiente, polo verquido incontrolado de augas residuais ó noso río, polos chamados “pluviais”.

Á CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

Eu, Miguel López Loureiro, con DNI ————-, e con domicilio en Cedeira, na
Avda.————- :

Poño en coñecemento desa Consellería a grave situación na que se atopa o Río
Condomiñas e as augas da Praia da Magdalena, ó estar contaminadas polo verquido
que fan nelas os desaugues das chamadas pluviales, que menos auga da chuvia
verten augas que saen das casas con deterxentes e outro tipo de residuos.

A obra que se fixo na anterior lexislatura para a recollida de diferentes verquidos
foi un verdadeiro fiasco, tal e como estamos a comprobar , suponse que terá unha
garantía por parte da empresa que a fixo , pero quen ten que esixir é o Goberno
Municipal de Cedeira, có seu alcalde D. Leopoldo Rubido Ramonde á cabeza.
Así mesmo habería que prohibir o baño tanto no río como na praia mentras non se
corrixan estas graves deficiencias.

Acompaño esta denuncia cunha reportaxe fotográfica en onde se pode comprobar este
insulto ó medioambiente e ós seres humáns en xeral.

Esta noticia xa foi publicada na revista dixital Ollaparo.com a semana pasada, có
titulo ” Mais que villa, Porcavilla”

Cedeira, 9 de Agosto de 2012

Gelo do Moure

Temo-lo Goberno Municipal máis porco de toda a historia política de Cedeira, só se preocupan do lavado de cara do pobo, como é o pintado de farolas e bancos, e todo isto fano a mediados do verán para que o vexan os veraneantes, cando o podían facer a principios da primavera ( os veciños de Cedeira merecemos un respeto).  Agora mesmo aínda está sen apañar o lixo ocasionado pola Festa de San Antón ( 13 de Xuño), da área de recreo que está ó lado da capela , e estamos en vésperas da xira da Patrona( 17 de Agosto) 2 meses. Leopoldo, ti que presumes de cristiano, ¿que che fixo San Antón para tratalo así? Lembra que por aí tamén pasan os veraneantes . Alegroume moito saber que parte da oposicion municipal, segue a investigar o chamado “Caso Baturro”, sen lugar a dúbida o máis “cheirento” de cantos houbo no Concello en moitos anos, ese é o camiño para rematar cos “chanchullos” da dereita Cedeiresa.

Cedeira, más que villa, maravilla !

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off