off
Música, O Curruncho musical de Antón — 1 Agosto, 2012 at 9:01 a.m.

Foliada de Cedeira

by

A “Foliada de Cedeira”, peza polifónica  a catro voces mixtas, foi estreada o día 21 de xullo deste ano no Auditorio Municipal de Cedeira.

En Cedeira hai boas mozas
criadas con pan de trigo,
moi amiguiñas dos mozos
que as veñen ver os domingos.

Tocade a pandeireta
e dádelle un golpe á beira
pra* que saian a bailar
os mociños de Cedeira.

Viva Cedeira que ten
un Consistorio moi feito;
ó San Andrés de Teixido
lévoo gardado no peito.

Retrouso

Nosa Señora do Mar
ven recollendo conchiñas
pola beiriña da praia ata
o río Condomiñas.

 *pra=para

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off