off
Poesía — 24 Xullo, 2012 at 11:28 a.m.

O chupado

by

O CHUPADO

Que chupa tiña o “chupado”
de coiro negro brillante
parecía un desalmado,
calzaba bota campeira
e debaixo do sobaco
levaba unha cartucheira,
onde gardaba a pistola
que lle roubara a un “camello”
que andaba de borracheira.

Coarenta anos que él tiña
dez pasara na cadea
acusado polos cregos
de haber preñado a unha monxa
e roubar unha “patena”.

Raposo coma ninguén
librou de media condena
escribindo ao Vaticano
para rebaixar a pena,
prometeu que se casaba
se a monxa tiña unha nena,
a cal sería abadesa
se o “Señor” a dispoñera.

Que ruín foi o “chupado”
cando lle medrou a nena,
poñéndoa a traballar
en antros que daban pena.

Enganchado no cabalo
facíanlle falla as pelas,
e xa tiña acuchillado
a máis de un por non telas.

Era un macarra temido
ata pola mafia aquela,
vivía de confidente
e delataba a calquera

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off