off
Poesía — 24 Xullo, 2012 at 11:29 a.m.

Como unha cabra

by

Gustaríame moito ter
unha galiña choca,
que puxese os ovos na tixola,
e subir unha montaña
tan grande como o Everest
pero facelo sen luz e andando do revés.

Levantarme polas noites
sería todo un pracer,
e quedarme sin as mans
para poder comer cos pés.

Oir falar a unha miñoca
e ver voar un ciprés,
que deran leite as arañas
para se voltar en muller.

Andar de pé polas augas
como Cristo algunha vez,
xogar ás cartas co Papa,
Mariano e un “boi francés”.

Pelexarme cun león
amarralle o rabo a un tren,
e darlle na boca un bico
para poder casar con él.

Ter as orellas tan grandes
para así oír moi ben
e poderlles dar a volta
para que me tapasen ben.

Sacarlle unha foto a “Rouco”
cando fora devolver
a lona dunha queimada
e que lle durase un mes,
cando se puxese ben
que voltase a recaer
e así sucesivamente
ata desaparecer.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off