off
Poesía — 24 Xullo, 2012 at 11:30 a.m.

A noite de San Xoán

by

Na noite de San Xoán
as rúas cheas de xente,
de viño, sardiña e pan.

Na noite de San Xoán
o lume pra riba vai,
para escorrentar as meigas
que enfeitizan o verán.

Na noite de San Xoán
as frores na palangana,
para lavar a faciana
esperándome xa están.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off