off
Cedeira, Ollaparo — 17 Xullo, 2012 at 9:16 a.m.

Sempre Olláparo

by

Despois de oir uns comentarios ( interesados ) que andan espallando polas rúas de Cedeira, saio ó paso deles para respostalos.

Que ninguén pense que os colaboradores de Olláparo vivimos da denuncia política, ou vemos a vida en branco e negro ( como andan dicindo por aí), ou que a revista ten pouco contido “cultural”.

Xa sei que a moita xente, e  aos grupos políticos municipais,  principalmente, gustaríalles que Olláparo fose unha revista de “maruxeo”, e se esquecese do que verdadeiramente é importante para os veciños, que é a información real dos seus problemas, e do que acontece no pobo.

O Olláparo é plural, e está  aberta a contidos de todo tipo(achegas@ollaparo.com), sempre que defendan o noso idioma, e a Cultura Galega.

E para reafirmar isto, eu pola miña parte, continuarei enviando a miñas achegas.

Quen dá máis que o Olláparo? E a  eses que se adicaron a esbardallar en lugar de colaborar, que aprendan de Gabriel Beceiro e Fernando Igrexas, que o pasan de puta nai dando a cara para facer o Olláparo, e non andan pola vida de túzaros.

 

Cedeira, 6 de Xullo do 2012

4 Comments

  1. polo que levo comprobado, en Cedeira critícase cando se ten envexa… non sabemos dar os parabéns…e vaise ao máis fácil “afundir a aqueles que fan as cousas ben”!!! así que moitos azos e os meus parabéns!!!!

  2. Estamos ofrecidos ao Santo André, Promesa!

    Nós ao xeito de Mini e Mero que é o xeito Olláparo de toda a vida. Olláparo sempre!

    http://www.youtube.com/watch?v=4bSNTR2XIN8

  3. Fernando Igrexas

    Vaia! quen o diría en Cedeira falar mal de quen traballa…

    Que lles quede claro que so é o principio do que lles ven encima aos larcháns e consentidores nesta vila de PPelotas.

    Que lle vaian a dicir a Bieito Rubido que cambie a linea editorial antigalega do ABC.
    Non ese mércano nos bares da vila e ofréceno co café .

    Reláxense e desfruten, pois volve o Rock&Roll, o de verdade non o descafeinado

  4. Ole por vosotros amigos míos!!!
    seguid así!!!

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off