off
Cedeira, Internet — 16 Xullo, 2012 at 8:47 a.m.

Plano de Administración Electrónica Municipal

by

A semana pasada publicabamos unha análise  do novo portal web do Concello de Cedeira celebrando a súa apertura logo de permanecer, o que vai de lexislatura, sen facilitarlle aos veciños este servizo. O venres 13 de xullo, publicaba o Diario de Ferrol que a Deputación da Coruña viña de pór en marcha o Plano de Administración Electrónica Municipal que ha permitir a 47 concellos de toda a provincia contar cunha plataforma electrónica para  trámites administrativos  en liña as 24 horas. Aspecto éste que a nosa análise puña de relevo coma unha importante eiva da web do Concello  na que, entre outras cousas, tamén se mistura de xeito pouco intuitivo o que é a web administrativa do que é a web de información turística. Pois ben, seica xa se sumaron os concellos de Mugardos, A Capela, Cariño, Cerdido, Neda, Moeche, Monfero, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Vilarmaior. Sorprende que asumindo o coste total a Deputación o Concello de Cedeira non figure na listaxe de concellos mália ter estreado o novo portal hai poucos dias. Esa integración no debería adiarse xa que  Lei 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos fai inaprazable a adaptación das administracións públicas e a dotación das mesmas dunha plataforma que permita ao cidadán exercer os dereitos que a citada lei recoñécelle.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off