Logo da última enxurrada do goberno español do PP e logo dos tres anos de recortes do goberno galego do PP, gostaríanos coñecer as medidas postas en marcha no Concello de Cedeira do PP para contrarrestar os efectos dos recortes “austeros” do” goberno amigo”, e dunha crise moi longa que afecta a cidadáns e cidadás de Cedeira.
Mália sabermos que o concello é a administración que menos ferramentas ten para loitar contras os efectos negativos da crise, sí que se poderían complementar as medidas que se precisan adoptar tanto pola Administración do Estado como a da Xunta, e poderíao facer por ser a administración de máis perto e a que achega un coñecimento máis concreto das necesidades do concello. Propoñemos algunhas liñas:
Primeira, cómprelle garantir que boa parte dos seus recursos se destinan ás partidas máis sociais. O crecimento no “gasto social” debería garantir as coberturas sociais tradicionais do concello coa aplicación máis ambiciosa posibels da lei da autonomia persoal, de servizos sociais e de igualdade.
Segunda, cómpre establecer un programa de axudas para a criazón e o mantenimento, de ocupación estabel e de calidade. Estas axudas irían especialmente dirixidas ás traballadoras e traballadores autónomos, o comercio, as microempresas, as pime e aquelas empresas que padezan con intensidade a crise ou que escollan non tirar adiante ERE e queiran atopar xunto coa administración outras saídas viables.
Terceira, darlle cobertura á imposibilidade de moiteas persoas e familias de facerlle fronte ás súas obrigras tributarias co concello, traballando cara o subsídio de diferentes porcentaxes en función dos ingresos para aquelas persoas con ingresos nulos ou moi baixos, así como facer un novo platexamento do calendario fiscal e de alcance dos adiamentos e pagamentos fraccionados, e do seu costo por contribuinte.
Cuarta, destinada a acrescentar a disponibilidades do concello para cobrir as emerxencias sociais que están a medrar e as que as que se albiscan e que, abofé, hanno seguir facendo o que resta de 2012 e 2013.
Quinta, destinada a preservar o espazo dispoñibel e non malbaratalo a base da concesión indiscriminada de licenzas urbanísticas. A xeración de actividade non pode ser excusa para converter ao cidadán en consumidor de espazo. Esta liña debería facer máis transparente e participativa a xestión do espazo público e establecer un acordo de mínimos para garantir que non se estrague aínda máis a contorna urbana e paisaxe.