off
Cedeira — 12 Xullo, 2012 at 5:27 p.m.

Si Se Pode !

by

Pregúntome si a estas alturas da farsa na que vivimos aínda queda alguén que non se deu conta de que as nosas vidas ,facendas e soños están sendo saqueados. Sería perder o tempo argumentando razóns, xa son centos, miles…xa son millóns de razóns saquedas e sen traballo polos mesmos artífices desta crise. Agora esa monarquía parlamentaria de frándula, corrupción, nepotismo e pandereta que se chamaba España, agora so é unha provincia alemana cunha soberanía intervida e cun goberno mentiroso e servo dos mercados (dos Chicago Boy´s, referentes dos Think Thans do PP como o chiringuito protofascista neoliberal chamado FAES). Goberno que exerce con maioría absoluta (por lembrarlle a resentidos e indiferentes)… no Concello de Cedeira, na Xunta de Galiza e no Goberno de España o Partido Populista de xeito indecente e intransixente cos seu cidadáns.

Podemos seguir xogando a que a culpa dos males son  sempre do mundo ou dos demais, dos “outros”…nesa lavadora da mala conciencia e da preguiza.

Podemos seguir xogando a ser maiores ou exercer a nosa cidadanía con responsabilidade.

Pero Cedeira non se indigna senón que sexa virtualmente (en todo caso sae fervorosa á rúa so en procesións e celebracións deportivas Nacional Católicas). Cedeira malla na rede social ou  prégase a outra rede, á rede clientelar do PP (ampla e concorrida que todos e cada un de nos coñecemos).
Cedeira non se indigna, nin acude ás ducias de manifestacións e concentración en masa ante a Negra Sombra que se aveciña en Ferrolterra/ Ortegal como feito que máis lle afecta, nin pola Fragas do Eume, nin… Cedeira cala (non vaia ser o demo!), en todo caso Cedeira emigra…

Tamén pode organízase como cidadanía activa, saíndo á rúa, concentrándose, manifestándose, creando alternativas a esta farsa, solidarizándose, arroupándose como pobo que precisa fortalecerse na contestación. Participar, Construír.

Non hai mellor momento para demostrar de que madeira está feita este país que acudindo á manifestación do 25 de Xullo, Dia da Patria Galega enchendo Compostela de cidadáns/as galeg@s.
Ti de que madeira estás feit@, de cerne de carballo milenario ou de baranda de eucalipto transxénico?.
Nós sabemos que en bloque podemos. Si se pode!

 

Nota:
Facilitamos desprazamento en autobús dende San Sadurniño.
“se me queres escribir xa sabes meu paradeiro”
Igrexasbouzafernando@gmail.com

5 Comments

  1. 19 de Xullo 2012

    A Executiva Confederal da CIG acordou na súa xuntanza de hoxe e ante a gravidade das medidas anunciadas o pasado mércores por Rajoy no Congreso, pórse en contacto coas organizacións sindicais CCOO e UGT de cara a realizar unha convocatoria conxunta de mobilizacións o vindeiro día 19 de Xullo.

    Considera que cómpre dar unha resposta máis contundente e masiva posíbel ás medidas anunciadas por Rajoy no Congreso

  2. Grazas Paula. Outro mundo é posíbel… Máis que non nos pase pola porta de longo se nós non nos poñemos seriamente a construilo. Saúde e unha aperta

  3. cúanto entusiamo! de veras lo contagias… ojalá muchos más pensaran así…

  4. Fernando Igrexas

    Sonche da escola do Gelo do Moure, tamén doutr@s referentes meus doutrora que non sei agora onde andan pampeando coa que está a caer. Creo que para a Patrona vamos facer unha Asemblea Tabernaria (Grándola Vila Morena ao remate incluida) de Olláparo no Horreo. Unha aperta Camarada! Tí si que vales… porque o que vale é o que continúa na loita permanente.

  5. Gelo do Moure

    Que ben te explicas camarada !!! Sen dúbida o mellor artigo publicado na revista. Que pena de media ducia coma tí, que outro galo nos cantaría. Unha aperta !!!!

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off