off
Cedeira — 10 Xullo, 2012 at 4:27 p.m.

As lembranzas dun neno

by

Lembro cando era  neno, que xogabamos na rúa á pelota. Apenas estaban as rúas asfaltadas. Ainda as rúas eran de terra,  de area do areal. Iamos a coller ras e cabezolos. Sempre chegabas suxo e anagado. Andabas polos campeiros xogando ou cazando grilos. Ainda recordo o Cine Pista Floreal, pero xa deteriorado, a Citroën onde hoxe esta Correos. Iamos a eses sitios para coller madeira ou chapa para as casetas. Tamen xogabamos aos peons nas rúas. E cando viña o Santo Xoan eramos un fato de cativos carrexando leña, rodas e todo o que ardera para facer a cacharela que mais fumeara ala no campo de futbol. O campo do Cedeira onde hoxe e o instituto, estaba pechado por un balado de madeira. Non habia gradas, so un peche de madeira que delimitaba o campo e en sitios cuberto con uralita para os espectadores.

Véñenme estas lembranzas por que hoxe aos nenos non lle deixan ser nenos. Si xogan é cunha consola. Si queren brincar, apenas poden: ¡non te manches! Fixemos dos nenos uns autómatas que teñen que medrar de súpeto roubándolles a súa infancia. Por favor deixen aos nenos ser nenos.

One Comment

  1. Qué lindos recuerdos! =)

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off