off
Fin de semana — 7 Xullo, 2012 at 5:58 a.m.

Laura Díaz e Carolina Landriscini no Auditorio (…e máis)

by

Laura Díaz e Carolina Landriscini 

A pianista cedeiresa compartirá cenario coa mestra Carolina Landriscini

Auditorio Municipal

Domingo 8, a partires das 20,30 horas,Entrada de balde

Iva Bittová

A violinista e cantante checa Iva Bittová leva 25 anos adicada ao folk, se ben  tocou todos os xéneros musicais, dende o rock e o jazz até a música clásica. Esta noche interpreta piezas propias, de Mozart, Joaquín Rodrigo o The Beatles.

Domingo 8,Igrexa da Universidade. Praza da Universidade, s/n.Compostela
Ás 20.30 h. Entrada de balde

Alberto Vilas Quinteto

O pianista Alberto Vilas propón un repertorio  de clásicos do jazz dos 40-60, de  Bill Evans, Keith Jarrett a Thelonious Monk sen esquecer as raiceiras galegas nas que asenta o proxecto.

Praza de Abastos.Compostela
Ás 22.30 h. Entrada 4 €

This is Brazil! 1990-2012 

Dupla exposición sobre a  arte brasileira dende os novena até hoxe. Un total de 67 obras que debullan a arte no Brasil.

Sala de exposicións Palexco. Peirao de transatlánticos, s/n. A Coruña. (entre  o Kiosco Alfonso e  Palexco)  Até o  29 de xullo

Drácula, un monstro sen reflexo. Cen anos sen Bram Stoker (1847-1912)

Da figura do escritor dublinés Bram Stoker até a súa invención máis acaída, Drácula. Fontes do mito e posterior influencia na cultura

Fundación Luis Seoane. Rúa san Francisco, s/n. A Coruña.
Até o 1 de outubro

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off