off
Cedeira, Política local — 6 Xullo, 2012 at 6:53 p.m.

Onde é que poñemos o centro de saúde? Aquí !

by

Cómo é posibel ter credibilidade ao aprovar unha partida de  2,5 millóns,  a financiar a partes iguais entre a Xunta de Galicia o  Ministerio de Agricultura, Alimentación e  Medio Ambiente  e o Concello de Cedeira, e non saber cal vai ser a ubicación desta infraestructura ?

Certo é que hai quen ten as súas razóns, Luis Rubido en nome da Corporación Municipal di que: “Construirlo en esta finca [ O Beco, a carón do poliesportivo  e o Instituto ] anularía nuestras pretensiones de ampliar las dotaciones deportivas en la zona y quedaría alejado del centro urbano” . Nada se dí de cales son esas pretensións nen que entende Rubido por “centro urbano” (as casas baleiras da vila vella?).  O goberno anterior dicía contar co visto e prace do SERGAS e o actual que seica foi expropiado para usos lúdico-esportivos. Ao cabo, a todos lles parece ben a actual ubicación mais non se sabe se o prioritario na situación actual é deitar en baixo o actual centro de saúde para erguer un novo ou se se precisa outra atribución dos recursos.  Estas opinións non agochan que esta disparidade non é en nengún caso un fenómeno “natural”: é o resultado do desleixo diante de políticas ao pairo que fan primar os intereses  dalgunhas famílias con afinidades selectivas.

Aprobou o PP os orzamentos sen máis gloria que dicir que hai un Plan de Equilibrio Económico baseado nun superavit duns 20.000 euros e  nos 150.000 euros da Deputación destinado a despesa corrente e que se estuda gravar aos bancos polos caixeiros externos, acrescentar as taxas do lixo ou o  cobro ás empresas de telefonia pola ocupación de espazo aéreo.

Un comeza a sentir un abraiante “equilibrio” das partes, unha indeferencia xeralizada,  precario en azos e ideas, onde debería existir antagonismo e debate ao servizo do desenvolvemento local. Mellor non soñar, aínda que o PP “galego” ven de  considerar lóxicos, lexítimos e necesarios” a nova quenda de recortes , segundo informa M.Cheda na Voz, que ao noso ver, facilitará aínda máis a privatización da protección social e do cuidado sanitario,  supresión das prestacións en farmacia e ao emprego.

Decatouse quen leva vivindo toda a súa vida da política do que está a acontecer afora? Decatáronse  todos do que está a acontecer  ?

Tags

One Comment

  1. Compriría ordenar un bocadiño o sector da telefonia mòbil e das antenas; novas normativas e tecnoloxías mudaron este sector e compriría non só gravalo senón tamén reordenalo para reducir o impacto visual e minimizar a contaminación radiofònica que afecta á saúde. Ao parecer cando hai pouca cobertura os aparellos de telefonia mòbil son máis activos procurando sinal e neste proceso aumenta o risco para a saúde.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off