off
Cedeira — 4 Xullo, 2012 at 2:59 p.m.

Despropósito do Goberno Municipal do PP

by

Despois do fiasco da 1ª Festa da Xiba, e do Mercado Mariñeiro do Concello de Cedeira , que se ía celebrar este fin de semana no peirao da Vila Vella ( e que non se celebrou), estamos na espera de que o responsable de Festas, o Concelleiro Luis Rubido Ramonde, dea a cara, e nos explique ós veciños cal foi o motivo real de por que non se levou a cabo este evento.
Estou totalmente dacordo, que dende o Concello intenten activar a economía de Cedeira con “Festas Típicas Galegas”, pero o que non é de recibo, é que esta 1ª Festa da Xiba, a suspendan sen máis , sen poñer unha nota nos medios de comunicación avisando deste feito (que pensarán de Cedeira os que viñeran á Festa). Máis seriedade, por favor, Señor Concelleiro.
Esta Festa da Xiba, coincidía nas mesmas datas coa Rapa das Bestas da Capelada, có cal, si se celebraran as dúas, unha restaríalle protagonismo á outra. Poida que dende o Concello non se decatasen deste detalle ata última hora. A semana anterior avisaron ós vendedores do mercado dos sábados, de que non se podían instalar alí pola Festa e o Mercado Mariñeiro, como así foi, levando o “mercadillo” para o Paseo Marítimo.

Tamén pode ser que se esquecesen de ir merca-la xiba con tempo á lonxa, e despois lles parecese moi cara nos conxelados.
A Rapa das Bestas, foi un verdadeiro fracaso ( según participantes nela), xa que por non haber, non había nin onde sentarse para comer, non hai zonas habilitadas como antes houbo.
Parece ser que se vai a celebrar a Festa do Percebe a primeiros de Agosto, pois se hai tanta seriedade como na da “Xiba”, vai mandar carallo.
Para rematar, lembrarlle ó Concelleiro Luis Rubido, que como responsable de Festas, a mellor maneira de que estas funcionen, é nomear con tempo unha comisión para que se faga cargo delas, como sempre se fixo.

 

P.D.: Gustaríame saber se a “leal” oposición municipal PSOE e BNG se enteran de algo, ¿ou xa marcharon de vacacións, e temos que seguir os veciños, a nivel particular facendo o seu traballo?

La Voz de Galicia: Publicado: 26/07/2009

Percebe y jibia a raudales
Cedeira rinde homenaje este fin de semana a su producto estrella y Ares se estrena con su primera cita gastronómica. Es el caso de Cedeira, que estos días celebra la décimo cuarta edición de su exclusiva Festa do Percebe. La Cofradía de Pescadores de Cedeira, entidad organizadora del evento, estima que durante todo el fin de semana se repartirán hasta 5.000 raciones. Esperan, además, recibir la visita de unas 15.000 personas, pues este año la cita gastronómica coincide con las fiestas de Santa Ana. En otro rincón de la comarca de Ferrol, el Concello de Ares, se celebró ayer la primera edición de la Festa da Xiba.

 

 

Cedeira, 4 de Xullo de 2012

2 Comments

  1. Gelo, o ghiso de xiba facémolo no Taranho cando veña Gabriel. Traede o viño. Quedas avisado

  2. Manuel Rodriguez Villasuso

    Sobor do ultimo mellor ser nos os autofalantes.
    Esta ben ser critico e facelo con sentido. Creo que imos por diante dos politicos, de ahi que comparto a critica.
    Esperemos que dunha vez por todas se fagan as cousas con xeito e non improvisando ou por unha arroutada dun conselleiro.
    Moito chufar o turismo pero ao final nada.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off