off
Cultura, Literatura — 4 Xullo, 2012 at 10:01

Alfar: un vello diálogo alén-mar

por

Normalmente non se lembra a Galiza dos anos vinte como un lugar onde tiveram lugar cenas da história da vangarda rioplatense. Mas naqueles anos na Coruña, nascia das mans do poeta uruguaio Julio J. Casal, que por sua vez exerceu as funcións de consul, a revista Alfar (coñecida por este nome a partir do número 33).

Seria a revista máis longa das vangardas que sendo galega deviría uruguaia.Verquía variada información para as famílias migrantes e os seus familiares, e, ainda que o comité de redación era composto por outros cónsules latino-americanos, Casal cuidou persoalmente de todo e número após número foi virando a publicación cara o culturalismo . Van colaborar ultraístas emerxentes e a ainda non conformada Xeración do 27 española. A paternidade de Casal vai ficar ás claras cando, en 1926, mudou a Montevideo, e no ano seguinte viron a luz apenas dous números na Coruña, 61 e 62, sob a responsabilidade de Juan González del Valle, mas eles non tiñan aprovación do fundador, que asumiu a numeración ignorando os publicados en 1927, ou sexa , Alfar tirou o No. 61 e seguintes en Montevideo, de 1929 até sua morte en 1954. A revista deixa de ser publicada coa morte do seu fundador en Montevideo, depois de permanecer con poucos meios como unha xanela para os exilados demócratas galegos e españois e para as novas xeracións de artistas americanos.

En 1984 deuse unha homenaxe de recordo e reivindicación da revista na Coruña patrocinado polo concello da cidade. Alén da apresentación dun fac-símile da revista foi aberta unha exposición adicada ao tempo de Alfar.

“Non é excesivo considerala como a imaxe máis completa da inqueda vida poética daquel tempo.” Así deu en definir Jose Maria de Cossío a experiencia de Alfar, espello por case cinco anos, entre 1921 e 1926 que durou a súa época na Coruña, dos córregos anovadores no continente e no exterior e tamén a revitalización das culturas autóctonas no eido da modernidade. O diálogo alén-mar que Alfar estabelece non é acidental e permanecerá nunha segunda etapa en chan americano até a súa morte en 1955. De certo, Alfar xurde na Coruña como Revista de Casa América-Galicia, para ceibar un florescente intercambio cultural nun tempo de sangrante emigración.

Tradución. GB

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: