off
Cedeira — 27 Xuño, 2012 at 5:00 p.m.

Praias baixo sospeita

by

Nen coas bandeiras azuis se poden atrapallar as evidencias. As análises  do plano de Vixilancia Sanitaria das Zonas de Baño veñen de amosar que o Areal da Magdalena non ten as condicións de salubridade que se precisan para unha vila cuxo goberno teima en confundir as declaracións ostentosas, falsamente conservacionistas, con actuacións contradictorias con ese ideario. E a realidade é que as análises, encetada xa campaña estival,  desaconsellan o baño. A Arealonga, mália reunir millores resultados cá Magdalena non pasa de bó, o que é  surprendente xa que se trata dunha praia portuaria.

Máis información: Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade  http://dxsp.sergas.es

One Comment

  1. Manuel Rodriguez Villasuso

    Isto era sabido. Falase de turismo, de sol e praia pero nin de medioambiente. Este pobo e unha calamidade. Non hai conciencia que o que facemos contra a natureza volvese contra nos.
    Cando paseedes polo pobo veredes moitos actos incivicos, e o peor e que veñen da cultura do “vai facendo”

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off