off
Política — 24 Xuño, 2012 at 5:53 a.m.

Golpe parlamentario no Paraguai

by

O presidente deposto do Paraguai, Fernando Lugo, denunciou o seu afastamento do cargo como un “golpe parlamentario”, que non ten fundamento legal e que os seus adversarios tiñan afastado del por mor dos seus esforzos para axudar os pobres. Lugo exhortou aos seus seguidores a permanecer en paz, pero suxeriu que o clamor popular nacional e internacional  podería levar os políticos paraguaios para reverter o seu cesamento.  Os  efecto van ser imediatos, Paraguai foi suspendido do bloque sudamericano de comercio, o Mercosur, e  impedido de participar no encontro do luns en Mendoza, Arxentina.   O sábado, a Arxentina e o Brasil retiraron os seus embaixadores do Paraguai,  un dos países máis pobres da América do Sur e do que Lugo prometeu mellorar a calidade de vida das familias de baixa renda logo de 60 anos de goberno do Partido Colorado.Loitou para aprobar reformas, sobretodo a redistribución de terras aos campesiños pobres, a través do Congreso.

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off