off
Cedeira, Educação — 22 Xuño, 2012 at 5:23 a.m.

Instituto, 25 anos

by

No curso 83-84, ano de inauguración do Instituto e de criazón de Olláparo,  foi un período  no que  o claustro, alumnos e pais viaxamos en autobuses a Santiago nunha “manifestiva” (así o expresou a imprensa) para reivindicar un novo edificio  xa que estabamos no cutre-entrañable  Pósito-Sindical  á beira do rio e sen auga potabilizada. O edificio siguen en pé e supoño que potabilizaron a auga.

A algún mestres que se moveron especialmente para denunciar as condicións precarias e o perigo de derrumbe que tiña aquel edificio con  ratios de 40 alumnos e un aulario exterior a 5 minutos andando, o Vicedirector  Elixio Villaverde, e a outros membros do Consello Escolar, abríronlles un expediente informativo que grazas á presión dos pais e alumnos quedou en nada.

 Esperemos que na exposición non triunfe, máis unha vez,  o oficialismo e a desmemoria.

 

Exposición 25 anos do Instituto de Bacharelato de Cedeira.

 

Máis información:

Revisitar os primeiros números de  Olláparo

Unhos comen a empanada e outros paghan a farrada!/Fernando Igrexas [ Olláparo dixital]30 de Nov de 2011

One Comment

  1. Fernando Igrexas

    Teño que decir que eu (tamén son Olláparo) fun convidado, máis tiña quenda de noite no traballo e pedín desculpas pois de ningunha maneira podía acudir.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off