off
Cedeira, Política local — 19 Xuño, 2012 at 7:40 p.m.

A fidelidade dos cans

by

É ben coñecida a intelixencia dos cans, e a súa fidelidade. Será por iso que o novo Boletín Municipal.Alcaldía – que así se chama esa especie de caldeirada  mal cociñada e pior servida- teima en redactarse – ímolle chamar así – íntegramente en castelán. Agás, mádialeva, o “chamado aos cans”, aos intelixentes, aos fideis.

” Recolle os excrementos da túa mascota”

 

Dan gañas de ouvear. Auuuu, Auuuu.

 

Os cánidos morremos do gusto ao sabermos que hai unha alcaldía  en Galiza tan cívica, tan á espreita, que se preocupe da nosa merda sen distinguir can de cadelo,  raza nen pedigrí,  no noso idioma. Como debe ser.

Non ten perda, e dende Olláparo recomendamos vivamente a súa adquisición a nenos e a vellos. A máis dun completo percorrido pola acción diplomática de Don Leopoldo Rubido Ramonde sub specie aeternitatis, os propietarios de animais domésticos poderán empregar este boletín para  apañar a merda dos seus cans, será a mellor acción cívica que lle poidan tirar.

 

 

 

 

 

2 Comments

  1. Xa veremos se o pobo de Cedeira é quen de aturar, entre tanta austeridade, as adicacións exclusivas do alcalde e cia

  2. Manuel Rodriguez Villasuso

    Pero,¿ non tiña o Concello asinado e aprobado mediante pleno que a lingua habitual no concello e o galego?
    Enton, ¿que ouvean en castelan?
    Falan da merda dos cans en galego. ¿Sera por que son merdeiros? Deixen de falar da merda en galego, xa que o ningunear a unha lingua por perxuicios e complexos cheirame a merda de can. E vostedes feden que nin os cans o aturan.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off