off
Cedeira — 18 Xuño, 2012 at 7:43 a.m.

O Ministerio de Agricultura e a saúde

by

Lemos no Diario de Ferrol de 18 de xuño:

“La comisión ejecutiva del PSOE de Cedeira celebró ayer una   reunión urgente con el fin de abordar los recientes acontecimientos, tras la aprobación de una cuantía de 2,5 millones de euros para el centro de salud de la villa, resultado de un convenio entre la Xunta de  Galicia y el Ministerio de Agricultura” (sic. 18/06/2012.7:43)

As palabras  poden acadar casuísticas fantásticas que axudan a vermos con máis fondura a realidade, xaora,  os  posíbeis erros de transcriptione do Diario de Ferrol veñen a axudar un bocadiño ou, se cadra, estamos a asistir a  efecto parabólico dunha realidade conceptual chamada “convenio”,  máis real cá realidade mesma.

Que o Ministerio de Agricultura estea a achegar unha partida orzamentaria  en convenio coa Xunta para a construción  dun novo centro de saúde en Cedeira, esa zona indefinida do noroeste entre Inglaterra e o Guadarrama, non deixa de ser unha premonición.    Imos camiño de que nos traten coma o gando.

Pode acontecer que con tanta preocupación por se fan ou non fan un novo edificio , acaben por asignaren veterinarios e non médicos, muxidoras no canto de desfibriladores.  Xa dicía Freud cos lapsus non existen. Como é que chegamos a isto ? Por mor dun “potente convenio” co Ministerio de Agricultura.

Afirma Xosé Luis Vergara  que esa angueira é partillada polos profesionais do centro de saúde. Nós non lles preguntamos, ao mellor él sí, mais abofé que tamén nós gostariamos de ter un novo edificio que nos caera do ceo através dun “potente convenio”. Como sabemos ben polo Auditorio, non hai coma ter uns bos muros, o de dentro non deixa de ser simples recheio. O importante é ter un “convenio”, a  poder ser “potente”, e  ir facendo.

O caso é que estamos a padecer recortes en sanidade, nomeadamente, nos recursos humanos que son o cerne de calquera  servizo  de saúde. Porén, tratándose de sanidade a “potencia” do  continente é condición necesaria máis non suficiente.  O que cómpre asegurar é o papel da medicina de familia e comunitaria, a asistencia pediátrica até os 14 anos,  a dotación asistencial que se precisa para atender a unha poboación envellecida e con altas taxas de dependencia.  Doutro xeito, que non se perdan programas e prestacións. A ver se vai acontecer que por aquilo de reclamar edificios perdemos de vista o esencial e acabamos tendo unha clínica veterinaria!

 

 

 

7 Comments

  1. administrador

    En Cataluña o dia 23 comézase a pagar 1€ por receita. O repago. Leituras que recomendo:

    El copago sanitario, Vicenç Navarro.
    http://blogs.publico.es/dominiopublico/1759/el-copago-sanitario/
    “El Estado de Bienestar en España”, do mesmo autor
    http://www.bsolot.info/wp-content/pdf/Navarro_Vicen%C3%A7-El_Estado_de_Bienestar_en_Espa%C3%B1a.pdf
    “Causas para este silencio ensordecedor son muchas. Una de ellas es el dominio del pensamiento liberal. Este pensamiento ha dado gran prioridad a corregir a toda costa el déficit presupuestario cero, acompañado de la reducción de impuestos, y reducción del crecimiento del gasto público. Este proceso se inició ya en el año 1993, bajo la dirección del Ministro Solbes del gobierno del PSOE, descendiendo el gasto público social de un 24% del PIB en el año 1993 a un 21,9% en el año 1996. Tal descenso ocurrió también en el gasto público social por habitante descendiendo en sólo un año de 3.049 upc a 2.981 upc (uno de los años con mayor descenso del gasto público social).”

  2. O hospital de Santiago retrasa o control periódico a enfermos de cáncer
    O centro sostén que se adianta ao protocolo que se prepara para toda España

    Estes son os resultados dos recortes…un exemplo de miles
    http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/06/18/galicia/1340039375_247647.html

  3. A min víñame ben o Centro de Saúde no Taranho, xa non che digo o servizo de limpeza de “maleza” ( levo gastado tempo e combustible en de-silvestrar ribazos e canos de auga que non so meus, … Imaxino que até para isto hai que estar na redes, nas sociales non, nas CLIENTELARES sobre- enténdese!.
    A min preocúpanme tamén claro o criptograma mediático que prolifera nos eufemismos como …democracia orgánica, concordato, blilingüismo cordial, resgate, bombardeo quirúrxico, preferentes, copago, externalización, austeridade ou VIVEIROS de empresas?
    Cando Luis Rubido fala “Os viveiros de empresas como institución están trasnoitados, non funcionan” asústanme para onde nos levan despois de ter gobernado a autonomía na case totalidade da súa existencia como institución, levan desartellado todo o aparello produtivo nestes anos, agora somos unha franquicia…despois venden o traballo que mendigan a cachiños…hai que ser dos deles xa sabes, xa teñen novos enchufes consentidos pola empresa de Biomasa a cambio de prebendas ou arranxos de trámites que mercadean como prebendas cando deberían ser obrigas. E tí exiliado por ter traballado na Biblioteca Municipal un ano da túa vida, non deu que falar o conto! e aínda agora que traballas de Director de Biblioteca Ciències de la Salut, no Institut d’Assistència Sanitaria (IAS) de Girona, aínda agora estás en entrdito ( por certo dende entón a biblioteca municipal e a difusión e promoción da cultura popular dende o proactivismo morreu)
    Agora, cando Vergara lembra que o VIVEIRO de Empresas xurde nas “Pontes” e no Plan Ferrol…e coñecendo do pao que vai Valentín Formoso, O PSOE As Pontes, a UGT da zona, ou “as municipais pasadas e o Plan Ferrol” #medomeda

  4. O pior é que non se fala de saúde cando se están a recortar prestacións e a lei de dependencia ésta nun beco sen saída. Ocorrencias coma esta:

    -“Habrá que preguntarle a la gente si quieren que se les traslade el centro de salud que actualmente goza de un emplazamiento muy céntrico”, Luis Rubido.

    ou ésta:

    -“Para os socialistas é un motivo de orgullo que tanto desde o local como desde o estatal se desen os pasos certos gracias aos cales a Xunta de Galicia e o Concello de Cedeira poden facer realidade este novo centro de saúde”, JLVergara

    non axudan a entender o que nos estamos a xogar. Tampouco de trata de facer dos investimentos unha fin en si mesma.

    Nen se trata de preguntarlle á xente onde é o millor sitio de ubicación, no caso de facerse (eu quero que se faga ao pé da miña casa) nen é “un motivo de orgullo” cando sabemos en que lexislatura se comezaron a facer recortes ao estado do benestar, no que a saúde, xunto coa educación pública universal, son as pedras angulares da cohesión social.

    Trátase de valorar os pros e os contras nun cenario no que periga a sanidade pública universal.

    Alén do protagonismo de ambos dous sería bó que nos dixeran o que entenden PP e PSOE por servizos públicos de saúde porque ante o panorama actual é dificil debullar que queren uns e máis outros.

  5. Pois si que é un novo xeito de aportar recursos, eu xa non me escandalizo de nada, menos aínda do trastorno bipolar do PsoE, non saben si xogan a resgatadores ou resgatados, a recortadores ou recortados. Digamos que cando xa acreditaban que tiñan as respostas trocáronlles as preguntas (máis a clave era que as respostas seguían sendo as mesmas)
    Vivimos en tempos de farsas e eufemismos. O PP namentras axuda á afundir a prensa, libro ou teatro en galego, dalle axudas millonarias á “La Coz de Galicia” disque por promocionalo. E o de Agustín Hernández Fernández de Rojas é Conselleiro “en la Junta de la Xunta” de “Medio Ambiente”, Territorio e Infraestructuras.

    Xa vedes o mesmo Ministerio de Agricultura que permite os transxénicos e a súa fumigación en masa ao pé de centros educativos, agora parece “preocúparse” da nosa saúde…

  6. Manuel Rodriguez Villasuso

    Carafio! Dende logo estes tolearon. Dentro de pouco en vez de ambulancias vanse utilizar vagons do gando. Ao ritmo que imos vannos tratar coma animais. Velai que hai que pagar mais pola menciña, cando para estar sans deberiase
    prebir a medicacion tendo bos profesionais en atencion primaria, e cando chegues a vello estabulante sin sair da casa xa que non tes un can para as menciñas e o coidado
    asistencial sera para os novos. Por desgraza todo o mundo esquece aos nosos maiores que traballaron duro.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off