off
Cedeira — 14 Xuño, 2012 at 7:02 a.m.

Barreiras arquitectónicas

by
Dende hai tempo vense falando na Asociación de Minusválidos Sobre Rodas da eliminación de barreiras arquitectónicas. Decir que ainda hai beiraruas sen rampas de acceso e locais comerciáis que carecen dun acceso axeitado para as persoas discapacitadas. Dende aquí quero facer un chamamento a favor da adaptación das beirarúas e locais comerciáis para que estas persoas poidan desenvolver as súas actividades cotiás dun xeito normal. Veñen de presentar por rexistro no concello esta petición.
Por outra banda vaise  sair as rúas para concienciar aos conductores que aparcan atrapallando as devanditas rampas. Outro tema que suscita moitas queixas por parte dos veciños é a falta de limpeza de certas rúas, nas que as silveiras e a vexetacion ocupa as beirarúas. O único que se pode facer é presentar a queixa por escrito no rexistro do concello adxuntando fotografías para que o concello actúe.

2 Comments

  1. Manuel Rodriguez Villasuso

    Pois non queda mais remedio. Si queremos un mundo para todas e para todos. A discapacidade non debe de ser un motivo para non estar integrado na sociedade. Todos temos dereito a unha vida plena.

  2. ter que loitar por estas cousas… que vergoña!

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off