off
Ollaparo — 4 Xuño, 2012 at 5:12 p.m.

Benvida

by

A presentación do Olláparo dixital supón unha inxección de entusiasmo para os que  promovemos un proxecto que pretende estar vencellado a Cedeira, a Galiza e ao mundo. En agosto de 2011 encetamos o proxecto de lanzamento coa edición dun blogue e a dixitalización dos primeiros dez números da revista mecanografada e grapada.

En 1984  procurabamos o diálogo cos ausentes e  os invisibilizados de noso, para pescudar referentes  e gañar en autoestima. Fuxíamos das  vaidades da cultura do efémero,  enlatada e pronto a ser consumida. Sabiamos que a indignación non era dabondo para avanzarmos con eficacia transformadora. Para indignada e cabreada, a dereita regresiva  que nos goberna e xa daquela nos negaba o aire.

Mália sermos tratados coma extranxeiros na nosa terra, Olláparo foi un programa de acción, unha factoría de producción que forneceu  algunha análise razonabel ao que lle estaba a acontecer a unha xeración que viveu unha década de franquismo, a outra que logo de roelo se abría a un outro tempo sen saber moi ben cómo, e máis unha que sempre preferiu que as cousas ficaran como estaban.  Porén,  dos da xenreira regresiva e conformisma aos das enerxías positivas emancipadoras,  todos nos beneficiamos, abríndonos á língua, e con ela, ao país e ao mundo. A todos e todas, grazas. E que cante o merlo.

Tags

2 Comments

  1. toda a sorte do mundo ! =)

  2. Noraboa Gabriel polo teu esforzo en recuperar o Olláparo.
    Agora que cante o merlo como onte cantar solía

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off